4/24/2012

Os cambios de uso de Punta Promontorio inician a recta final


A corporación municipal de Mugardos tomou o acordo de aprobar de forma provisional a modificación para a adecuación de uso de regasificación no chan industrial de Punta Promontoiro. O asunto saíu adiante cos votos a favor do BNG, PP e PSOE. O grupo de Esquerda Unida votou en contra. En cuestión de días, a administración local remitirá o acordo plenario á Xunta para que se pronuncie definitivamente sobre certos cambios introducidos no PGOM para adaptar a área industrial de Punta Promontoiro ás últimas normativas, tanto ambientais como de ordenación do territorio. Así, do documento sancionado polos concelleiros na sesión do pasado xoves despréndese un conxunto de disposicións polas que se establece desde un proxecto de sustentabilidade ambiental para a fachada marítima de Mugardos ata un para adaptar o Plan Xeral de Ordenación Municipal ao de urxencia. 
As novas disposicións que existen con respecto á ordenación de litoral e do territorio son outras cuestións tamén previstas. As modificacións xa contan co beneplácito de administracións como o Ministerio de Medio Ambiente, a Demarcación de Costas, Patrimonio da Xunta e a Consellería do Mar, entre outros. Sobre os contidos do documento tamén foron informados aqueles colectivos e asociacións que se viñeron pronunciando en contra da instalación da planta na ría de Ferrol. Precisamente, os inconvenientes aos que o Concello de Mugardos tívose que enfrontar nos últimos anos pola falta dun estudo de impacto ambiental que xustifique a instalación da planta na costa mugardesa é, senón o principal, si un dos alicerces fundamentais que están detrás da modificación puntual do PGOM para a adecuación de uso de regasificación no chan de Punta Promontoiro. 
Aínda que desde o Concello sempre se deixou claro que a instalación da planta é anterior á disposición que obriga á elaboración do informe ambiental, tamén se confía en que coa entrada en vigor do documento acábense as posibles reticencias que poidan existir con respecto a unha planta que "cumprirá todos os requisitos esixidos por lei".

 Antes de que suceda unha catástrofre


Sem comentários: