4/05/2012

Reganosa, descarga e volve cargar o gas ...que se oculta aos cidadáns


Mugardos no alto risco con cargas e descargas do mesmo gas en Reganosa, unhas manobras sen sentido lóxico de extrema gravidade para a seguridade dos cidadáns e co incendio das Fragas do Eume a menos de 12 quilómetros.. Realmente para acolloarse ou sopesar a compra dunha vivenda nesa zona?

Este pasado martes, atracou na planta de gas REGANOSA o buque gaseiro “Catalunya Spirit”  con 135.000 m3 de gas natural licuado. Este gas procedente de Trinidade e Tobago, descarregouse na planta este mércores para ser volto a cargar de novamente hoxe no mesmo barco e con destino descoñecido..

O carregamento e descarregamento do gas natural son manobras que entrañan un alto risco.

No caso da planta de REGANOSA, situada no interior da Ría de Ferrol, os riscos son ainda maiores debido a dificultade que supón a navegación de estos grandes buques por unha estreita canle de entrada de 5km de lonxitude. Para estas operacións de entrada e atraque dos gaseiros precísase da axuda de 4 remolcadores e só se poden realizar en condicións optimas de visibilidade, que non sopren ventos de mais de 15 nos e coincidindo coa pleamar.

Resulta inexplicable que as autoridades permitan estas cargas e descargas que non aportan outra cosa que un risco gratuito para a veciñanza e un alto custo en cartos para o sistema gasista, que paganos todos e todas, e por riba repercutirá no encarecemento do gas.

Non sería máis doado, máis barato e máis seguro que o "Catalunya Spirit" continuase rumbo a o porto destino sen ter que descarregar e volta a carregar os 130.000 m3 de gas.

Sem comentários: