8/01/2014
Perigo!! gaseiro 174 cargado con GNL para Reganosa
7/11/2011
Perigo!! gaseiro 95 cargado con GNL para Reganosa
4/21/2011
Perigo!! gaseiro 89 cargado con GNL para Reganosa
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, o sábado día 23 de Abril de 2011, ás 8 da tarde, na Praza do Himno Galego en Esteiro. Comezando asi a rotacion das convocatorias polos distinto barrios da cidade, acordada polo CCE.
Comité Cidadán de Emerxencia
2/21/2011
Fracasou a entrada do LNG “Port Harcourt”
Permaneceu navegando en redondo, diante das nosas costas, entre as 7 e as 15 horas e agora está situado a unhas 50 millas ao norte de Cabo Ortegal.
Fai este buque o número 24 dos que non lograron atravesar a canle da ría no momento previsto, respecto dos 85 que con destino a Reganosa chegan cargados de GNL. Isto supón que 1 de cada 3,5 buques atrasa un ou mais dias a súa entrada, co consecuente incremento do recibo enerxetico que todos pagamos.
O CCE concentrouse hoxe ás 19 horas na Praza Amada Garcia, para reclamar unha vez mais o peche desta planta perigosa, innecesaria e antieconomica e a apertura do gasoduto Tui . Llanera, pechado en beneficio dos promotores de Reganosa.
2/20/2011
Perigo!! gaseiro 85 cargado con GNL para Reganosa
Agárdase para o lúns día 21 de febreiro a entrada na ría, para suministro da planta de Reganosa, do LNG "Port Harcourt" un vello gaseiro de 35 anos de antiguedade cargado con GNL, que fará o número 85 dos arribados.
É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este lúns 21 de febreiro, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento XA!
Antes de que suceda unha catástrofre
3/12/2010
Perigo!! gaseiro 62 cargado con GNL para Reganosa
Agárdase para mañá a entrada na ría para suministro da planta de Reganosa do LNG "Port Harcourt", un vello gaseiro de 34 anos de antiguedade cargado con GNL, que fará o número 62 dos arribados.
É por isto polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha CONCENTRACIÓN de protesta este sábado 13 de marzo, ás 7 da tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García, en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Participa!
Antes de que suceda unha catástrofre







