Mañá martes día 12 de Xullo está prevista a entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol, trátase do buque gaseiro LNG "Port Harcourt” un vello gaseiro de 35 anos de antiguedade que coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado (LNG), para a ilegal Reganosa, faría o nº 95 que entra na Ría desde Maio de 2007, poñendo en alto risco de inseguridade a miles de persoas.
Unha vez máis esta irresponsabilidade non pode quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia decide convocar a CONCENTRACIÓN de protesta, mañá martes día 12 de Xullo de 2011, ás 8 da tarde, na Praza de Ultramar, no bairro ferrolá do mesmo nome.Antes de que suceda unha catástrofre
Sem comentários:
Enviar um comentário