Mostrar mensagens com a etiqueta Urbanística. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Urbanística. Mostrar todas as mensagens

8/06/2010

Operación Virgin: puntualizacións de EU de Mugardos

Xosé Fernández Barcia, rexedor de Mugardos

Tal como publicaba a Voz de Galicia o día 30 de Xullo de 2010, A Audiencia Provincial arquiva a causa da presunta trama urbanística de Mugardos.

Con respecto ás afirmacións do alcalde de Mugardos, Sr. Barcia, publicadas hoxe no mesmo periódico, Esquerda Unida de Mugardos quere facer as seguintes puntualizacións:

1. A única iniciativa que tomou EU foi a de comunicar á Fiscalía as posibles irregularidades relacionadas cun edificio da rúa María, edificio, que de acordo cun informe da propia Xunta de Galicia, como mínimo, non gardaba coherencia coa estética do entorno.

2. Que a chamada "Operación Virgin" foi desenvolvida pola Garda Civil e a Fiscalía.

3. Que as persoas que estiveron retidas e imputadas, foron retidas e imputadas pola autoridade xudicial, non por Esquerda Unida.

4. Que Esquerda Unida si se personou como acusación particular, exercendo o seu dereito.

5. Que Esquerda Unida se felicita da actuación dos poderes do Estado e acata as resolucións xudiciais con todo respeto, incluíndo o arquivo deste caso, que, según indica o citado periódico, débese a que a Audiencia considera que non estaban debidamente xustificadas as escoitas policiais.

6. Que a concellala de EU, dona Pilar Díaz, foi denunciada por calumnias por dúas persoas relacionadas có "Caso Virgin", o alcalde Sr. Barcia e dona Julia Cortizas Díaz, resultando absolta en ámbolos dous casos.

Esquerda Unida - Mugardos

Nova relacionada

7/30/2010

A Audiencia Provincial da Coruña arquiva o "caso Virgin"

Xesven. Xestións Inmobiliarias

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña acaba de ditar un auto polo que desestima o recurso de apelación interposto polo grupo municipal de Esquerda Unida de Mugardos contra a anulación das dilixencias pola suposta trama urbanística de Mugardos -caso "Virgin"- acordada polo xuíz instrutor. En consecuencia, confirma a resolución de instancia, na que se argumentaba un defecto de motivación na autorización de escóitas telefónicas.
O presente auto, contra o que xa non cabe recurso ordinario algún, considera "razoable" o criterio exposto na resolución do titular do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, Pablo José García Suárez, e recolle, con carácter previo, que "a dilixencia de intervención telefónica debe respectar unhas claras esixencias de lexitimidade constitucional, cuxa concorrencia é do todo punto necesaria para a validez da intromisión na esfera da privacidade das persoas". Así, na resolución da Audiencia sinálase que, tal e como xa se expuña na resolución de instancia, o auto polo que se autorizan escóitalas limítase a analizar de forma concisa e xenérica o por que se considera que concorren os requisitos de proporcionalidade, idoneidade e necesidade, pero non se sinalan indicios dos que se poida inferir a comisión de delitos.

A consecuencia directa é a anulación do auto do 15 de xuño de 2007, ditado pola anterior xuíza de Primeira Instancia 4, que autorizaba escóitalas, e, consecuentemente, de todas as dilixencias posteriores. Nas mesmas figuraban como imputados os irmáns Pedro e Julia Cortizas, do estudo de arquitectura Xcale, a aparelladora municipal de Mugardos, Carmen Piñeiro; a arquitecta Elia Estraviz Prado; o alcalde, Xosé Fernández Barcia; e o policía local Ovidio Torrente.

1/22/2009

Logo dun ano debemos coñecer as conclusións



O Grupo Municipal de EU-IU de Mugardos solicita a comparecencia de Juan Domingo, presidente da comisión de investigación, para dar conta despois dun ano dos traballos da comisión de investigación do "Virgin".

"Operación Virgin"