Mostrar mensagens com a etiqueta Peirao. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Peirao. Mostrar todas as mensagens

8/18/2009

X Edición "A Limpar o Mundo"

Campaña "A Limpar o Mundo"


O Concello de Mugardos, por décimo ano consecutivo, implícase no programa "A limpar o mundo" que, nesta ocasión, traducirase nunha nova limpeza dos fondos mariños. A convocatoria fixouse para a xornada do próximo domingo, día 23.
Como en anteriores citas, o goberno municipal conta coa colaboración de Protección Civil, Confraría de Pescadores, Asociación Ambiental Neptuno, Sociedade Galega de Historia Natural e do Club do Mar de Ferrol para levar a cabo unha iniciativa que arrincará pasadas as cinco da tarde.
Como outros anos, unha vez finalizado o acto a participación agradecerase cunha merenda, mentres que os resultados incrementarán as 18 toneladas de lixo que foron retiradas do fondo da ría durante os últimos nove anos. Plásticos, neumáticos, electrodomésticos e distintos materiais de desfeito constitúen algunhas das "pezas" máis comúns.

6/22/2009

Portos estudará as melloras solicitadas polos usuarios do peirao de Mugardos

Peirao de Mugardos, pulsa sobre a foto para aumentar, merece a pena (mikeldesings)

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campaña, e o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, mantiveron un encontro cos armadores e usuarios do peirao de Mugardos no que lles foron expostos diversos asuntos relacionados coa problemática que afecta a este peirao respecto de diferentes aspectos que poden ser mellorables en opinión dos propios armadores.
A reunión tivo lugar no peirao da vila e alí atendéronse as diversas reclamacións, que Álvarez Campaña se comprometeu a estudar, talles como a petición de rebaixas nas taxas portuarias aplicadas aos pantaláns pola súa elevada contía ou o replanteamiento das parcelas sinaladas na chaira do peirao que resultan ineficaces -este é o motivo polo que solicitan a construción de casetas para usuarios-.
Tamén demandan a Portos de Galicia un estudo sobre o espigón de abrigo de Punta Ratón, xa que pola súa reducida lonxitude, os pantaláns quedan desprotexidos da maioría dos ventos, o que fai perigoso a atracada das embarcacións, así como o uso profesional do antigo peirao. Outra das peticións é a colocación de novos pantaláns, unha rampla ao nivel da existente no peirao antigo e o uso da Casa do Reloxo. Así mesmo, os armadores e usuarios do peirao expuxeron outra das súas necesidades relacionadas co transporte marítimo en lancha -plan metropolitano ou plan de viabilidade turística-, ademais do acondicionamento do peirao do Seixo e a construción dunha rotonda, xa que a súa estreiteza fai inviables algunhas manobras dos vehículos.

Diario de Ferrol

9/25/2008

Mugardos "limpa o mundo" dende o fondo do mar


“A limpar o mundo” é un programa das Nacións Unidas ao que se adheríu o Concello de Mugardos hai nove anos e no que se volve a colaborar este domingo. Desta volta, a acción de limpeza atinxe aos fondos mariños do peirao de Mugardos, e contará con apoio de voluntarios e voluntarias en terra, na zona onde atracan as lanchas. Nos últimos anos retiráronse xa máis de 18 toneladas de lixo do peirao da vila pulpeira. Rematado o acto, ofrecerase un petisco para todos os participantes.
Unha lancha partirá de Ferrol ás tres e media da tarde do domingo para recoller aos mergulladores que desexen sumarse á campaña. Fará a viaxe de volta ás oito do serán.
Ademais do Concello de Mugardos, sumáronse á iniciativa de Nacións Unidas Protección Civil de Mugardos, Confraría de Pescadores de Mugardos, Asociación Medioambiental Neptuno, a Sociedade Galega de Historia Natural, e a sección de Mergullo do Clube do Mar de Ferrol.