2/05/2009

A fraxilidade terrorista do sistema enerxético

Os plans pasarían por detonar buques-tanque, asaltar refinerías ou atentar contra oleodutos

A Fundación Athena Intelligence acaba de publicar un informe sobre os riscos que afronta o sector enerxético español desde a perspectiva do terrorismo yihadista. As instalacións enerxéticas están consideradas obxectivo prioritario de Al Qaida e en 2007 foron incluídas polo Goberno no Plan Nacional de Protección de Infraestruturas Críticas para reforzar as súas medidas de seguridade.
Novos riscos
Outra ameaza é o asalto e a toma de refinerías e regasificadoras, practicada por Al Qaida e o terrorismo internacional noutros escenarios. Supón un risco aínda maior porque non hai antecedentes en España e a dificultade para evitar estes ataques é máxima.
A última variante analizada é a utilización dun buque-tanque como arma de destrución masiva.
"A explosión termobárica que produciría a enorme cantidade de gas pode ocasionar tanta destrución como unha pequena bomba atómica". O dano sería maior en casos como o da regasificadora de Meá (Mugardos), que está pegada ao núcleo urbano.

Artigo orixinal

Os terroristas téñeno a ovo

1 comentário:

Susete70 disse...

moi bonnnn traballo.
Xa somos en algo os primeiros....obxetivo terrorista.
¿cando se decataran de que estan exponendo as nosas vidas e o ecositema da ría?

ESPERO CO SABADO PODAS ACUDIR A HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO
UNHA APERTA
¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!!