Milleiros de persoas chegadas de toda Galiza convertiron a praza da Quintana nun escenario dende o que se clamou pola vida. A vida dos nosos mares e da nosa terra. A vida da nosa xente, dos coetáneos e dos vindeiros. Un berro que advirte aos gobernantes que non hai diñeiro suficiente para mercar o mellor patrimonio dos galegos. Que a dignidade non ten prezo.
Entre os manifestantes destacaron varias asociacións que reclamaron que a planta de gasificación da empresa Reganosa abandone a ría de Ferrol, por considerar que supón unha ameaza para o medio ambiente e un perigo para a seguridade das persoas que viven na zona.
Sem comentários:
Enviar um comentário