O fondo de investimento First State, pertencente ao banco australiano Commonwealth Bank, fixo efectiva onte a compra do 15% do accionariado de Reganosa. Complétase así a renovación do
consello de administración da empresa gasista tras a operación que protagonizaron a Xunta e Tojeiro co fin de deixar a maioría en mans galegas e evitar que queda en mans dos australianos.
A operación fíxose efectiva na reunión do consello de administración que onte pola tarde se celebrou en Mugardos. Ingresan no órgano de goberno Marcus Ayre, director de Transaccións para Europa de First State; Niall Mills, director para Europa de Xestión de Activos, e o asesor senior Germán González, con ampla experiencia no sector da enerxía.
Como se recordará, o banco australiano presentou unha oferta que suporía facerse coa maioría de Reganosa, despois de que Endesa, Banco Pastor, Caixa Galicia e Caixanova decidisen desfacerse das súas accións, que sumaban un 41%.
A manobra foi freada pola Xunta, que investiu 6,9 millóns para comprar un 7% -co que suma un 17% de participación- e Tojeiro, que duplicou a súa presenza pasando de ter un 18% a acaparar un 36%. Tras a manobra, quedaba por despexar a incógnita de se os australianos quererían aínda quedar co 15% restante, pertencente ás caixas, ou se retirarían.
Diario de Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário