11/13/2010

Outro gaseiro que non pode entrar a Ría

Situación do gaseiro "LNG Abuja"

O gaseiro “LNG Abuja”, que tiña previsto arribar hoxe a Reganosa, tivo que abortar a súa entrada á Ría na marea das 9,20 hs. (única diúrna de hoxe) debido ao forte vento. Navega agora a 35 millas ao NO de Cabo Prior, facendo o tempo até a próxima marea diúrna (10,30 de mañá domingo) se as condicións meteorolóxicas permíteno.
O feito de que un de cada 4,5 buques teña que demorar a súa entrada, un día ou máis, supón un custo engadido a unha Planta de Gas deficitaria, antieconómica, destrutiva do medio ambiente e do patrimonio, innecesaria e que mantén en perigo constante a toda a poboación da súa contorna.
O Comité Cidadán de Emerxencia mantivo a convocatoria para a CONCENTRACIÓN de hoxe sábado 13 de Novembro ás 7 da tarde na praza Amada García, diante do Edificio da Xunta de Galicia, en defensa das nosas vidas, da nosa ría e demandando a paralización do gasto de diñeiro público nunha planta innecesaria e deficitaria, e
para esixir:



Comité Cidadán de Emerxencia

A Nova nos medios abc.es/agencias diariosigloxxi.com galiciahoxe.com lavanguardia.es

Sem comentários: