11/22/2010

O Galicia de Mugardos non puido plantar cara ao Flavia

Non lle saíu nada onte ao Galicia de Mugardos nun atopo fronte ao Flavia do que esperaba obter un resultado máis positivo. Os de Ferrolterra atopáronse cun gol no minuto sete por mor dun fallo defensivo -un defensa perdeu o balón ante a presión dun dianteiro rival-, o que condicionou sen dúbida o panorama anímico do choque.

Os locais estaban ademais mellor colocados no terreo de xogo que o seu rival e iso deixouse notar desde o inicio, xa que o conxunto de Germán Amil non chegou a dispor de moitas oportunidades de gol e as que tivo non as aproveitou. Antes de que terminase o primeiro período, o Flavia foi capaz de converter outra das súas ocasións -que tampouco foron demasiadas- no seu segundo tanto, o que levou ao técnico mugardés a intentar unha renovación de liñas tras o descanso. Pero os cambios introducidos tampouco atoparon o seu sitio.
Cun home menos, o Galicia forzou un penalti -provocou a expulsión de Suso-, pero nin sequera na pena máxima foi capaz de atopar solucións, xa que Perol detivo o lanzamento de Canosa.

Flavia: Perol, Roberto, Esperón, Suso, Afonso, Banana, Viaño (Moncho, min. 62), Zoco, Héctor (Roi, min. 86), Xaro (Vodaño, min. 80) e Lula (Oroso, min. 51).

Galicia de Mugardos: Agustín, Rouco, Jorge, Manel, Sanmartín, Grueiro, Óscar Pérez (Canosa, min. 46), Juan Jesús (Adrián Martínez, min. 46), Maikel, Rubén Seco (Juani, min. 46) e Vituco (Dani Eume, min. 71).

Árbitro: Fernández Rodríguez, de Ourense. Amoestou con cartón amarelo a Esperón, Afonso, Zoco e Xaro polo Flavia e expulsou a Suso con vermella directa no minuto 83. Polo Mugardos viron amarela Sanmartín, Juan Jesús, Canosa, Dani Eume, Juani e Grueiro, en dúas ocasións, polo que foi expulsado no 74.

Goles: 1-0 min. 7: Héctor; 2-0 min. 43: Viaño.

Campo: Souto.

Diario de Ferrol

Sem comentários: