O equipo de Germán Amil sumou un punto a domicilio da súa visita a Val do Dubra.
O primeiro tanto foi obra do xogador Coria. O Dubra roubou un balón no centro do campo e Jorge que manda o esférico a Coria que queda só diante de Javi e marca de tiro cruzado. Corría o minuto 22 de partido. Con este resultado de vitoria pola mínima do Dubra chegamos ao tempo de descanso. Na segunda parte o Galicia de Mugardos empatou o partido. Corría o minuto 87 e Uxío recibe un balón en profundidade de costas. Logrou controlar o esférico e rachar a porta de Darío. Con 1 a 1 e repartición dun punto para cada equipo chegamos ao final do encontro.
Xogaron polo Dubra Dario na porta con Leites, Juan Caneda, Dani Fernández, David, Liñares, Adrián, Tiago, Coria, Jorge e Dani. Tamén xogaron Pablo, Anxo e Cagide.
Polo Galicia de Mugardos xogaron Javi Prieto con Vicente, Rubén Seco, Rubén Aneiros, Agustín López, Colo, Pitu, Suso Pena, Carballeira, Uxío e Jorgito. Tamén xogaron Juan Jesús, Vituco e Martín.
Arbitrou o partido o colexiado da Coruña Vázquez García que sinalou cartón amarelo a Juan Caneda, Dani Fernández, Adrián, Jorge e dous a David que tivo que abandonar o terreo de xogo. Por parte do Galicia de Mugaros viron o cartón amarelo Colo e Suso Pena.
voltaaria.com
Sem comentários:
Enviar um comentário