11/21/2011

O Mugardos gaña o derbi grazas a un gol de Uxio

Moito interese espertou o derbi en preferente nas instalacións da Pedreira. Preto de 300 persoas presenciaron o partido que acabou con vitoria do equipo de Germán Amil pola mínima.

O tanto que deu os tres puntos ao Galicia anotouno Uxio no minuto 36 de partido. O xogador local sacou unha falta directa que entrou na porta que defendeu José. O partido como todos os derbis tivo moita emoción, importantes doses de paixón futbolística e bastante igualdade. O Mugardos tivo máis mordente construtiva e dominou, relativamente, o centro do campo, sobre todo na primeira parte. O Galicia xerou ocasións pero segue sumando un importante déficit na terminación das súas accións ofensivas. O trio Canosa-Carba-Uxío chegaba con facilidade pero tamén con poucas posibilidades de resolución. O equipo chegou, ás veces, con facilidade á porta de José, pero sen resolver e isto en preferente págase. O Val non tivo esa mordente no seu xogo construtivo e comezou a desenvolver potencialidades ofensivas coas entradas por banda de Botana pero xa na segunda parte. Algunha que outra ocasión de David e de Botana foi o máis perigoso na porta de Javi Prieto, que estivo de sobresaliente.


O porteiro do Galicia logrou parar o penalti que podería darlle o empate ao Val. Parou o lanzamento da pena máxima e tamén o correspondente rexeite que se orixinou. Foi un dos grandes protagonistas do partido. Este penalti que desbaratou Javi foi a gran ocasión do Val para levar un punto da Pedreira. Ao final tres puntos de ouro para o equipo de Germán Amil.

Xogaron polo Mugardos Javi na porta con Vicente, Rouco, Rubén, Agustín López, Manel, Pitu, Canosa, Carba, Suso Pena e Uxío. Tamén xogaron Colo, Juan Jesús, Rubén Seco e Martín.

Por parte do Val xogaron José na porta con Botana, Pita, Alberto, Miguel, Gordillo, David, Oscar Pérez, Pedreira, Marcos Novo e Brunito. Tamén xogaron Eloy, Adrián, Cholo e Iago.

Arbitrou o partido Méndez Bouza asistido por Martínez Miguez e Curral Franco. Non foi o mellor partido de Méndez Bouza pero non estivo mal tendo en conta que era un derbi e non foi determinante no resultado. Expulsou Eloy con vermella directa e a Rouco por dobre amarela.

voltaaria.com

Sem comentários: