Adiantouse o Mugardos con gol de Martín tras tranformar un penalti realizado a Jorgito. O rapaz procedente do Caranza transformou a pena máxima e o Mugardos adiantouse no marcador. Con víctoria pola mínima chegouse ao descanso. Na segunda parte o Unión de Rianxo empatou o partido grazas a un penalti que transforma Oscar Rial, pena máxima realizada polo porteiro Agustín. Coa táboas no marcador os dous equipos tiveron ocasións para desequilibrar o partido pero finalmente foi o Unión o conxunto que o conseguiu. Corría o minuto 84 de partido e o colexiado da contenda sinala penalti de Jorgito, pena máxima que lanza Oscar Rial e que sentencia o partido. Mentres tanto o Mugardos quedou con 9 xogadores por expulsión de Rouco e Canosa. Ao final os tres puntos que marchan para Rianxo.
Xogaron polo Mugardos Agustín na porta con Vicente, Rouco, Agustín López, Manel, Fran, Jorgito, Uxío, Carballeira , Suso Pena e Martín. Para cambios no banco Germán Amil colocou a Juan Jesús, Pita e Canosa.
Por parte do Unión de Rianxo xogaron Eloy baixo paus con Alex, Oscar Suárez, Diego, Oscar Rial, Bernardo, Abel, Víctor, Bebeto, Walter e Albino. Tamén participaron Miguel, Anxo, Breogán e Angel.
Arbitrou o partido o colexiado Marcos Ordoñez Rodríguez da Coruña.
voltaaria.com
Sem comentários:
Enviar um comentário