12/04/2011

Carreira de FIN de ANO 2011 Mugardos-Ares-Mugardos

Saida da carreira no ano 2010 (Ares a 2ºC)

Achégase o Nadal, e un ano máis chega a VII edición da Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares, que na presente edición sairá dende MUgardos ( no seu pavillón deportivo do Cristo) e irá cara a Ares ( avituallamento líquido), adentrándose no seu pobo para dende alí voltar a Mugardos, onde celebrarase o tradicional sorteo de cestas de Nadal e de agasallos.

Continuaremos ca tradición de darlle un gorro de Papanoel aos primeiros 400 inscritos/as, de forma que poidan lucilo na carreira dándolle a esta proba deportiva o carácter maís popular e tradicional que poidamos. Xa estan abertas as inscricións á proba que será controlada polos xuíces da Delegación Ferrolana da Federación Galega de Atletismo.

O percorrido, xa sabedes un bo rompepernas, de 10 km de lonxitude con presenza de subidas, baixadas e zonas lisas. O ambente coma sempre de festa deportiva e a data....o 31 de decembro dende as 11 da mañá. Lembrádevos que levamos sete anos cumprindo con esta tradición e seguiremos mentras vós estedes ahí participando.

fgatletismo.es

Este ano, pola crise que non se diga, ademáis do sorteo das 10 cestas de Nadal, sortearemos 5 abonos mensuais para instalación deportiva intermunicipal do Complexo Acuático do Castro, o que permitirá aos agraciados/as poder ires de balde un mes á piscina, SPA, sauna e ximnasio.

Sem comentários: