CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO CANTÓN, DIANTE DO PALCO DA MÚSICA
ÁS 7 DA TARDE, DO SÁBADO 3 DE DECEMBRO
O "LNG Edo", un buque gaseiro moi vello -31 anos de antigüidade; de grande porte, con 285,3 metros de eslora por 43.7 de manga e un calado de 11,53; cargado con miles de toneladas de GNL/LNG -manchado de sangue, para a ilegal e perigosa Reganosa; ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 3 de Decembro de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa o 106, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Cantón diante do palco da música, no bairro ferrolá Ferrol Centro -da Madalena-. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas.
Antes de que suceda unha catrastofe
Comité Cidadán de Emerxencia
Ártabra 21
Sem comentários:
Enviar um comentário