Ante o anuncio de que un novo gaseiro "Ibérica Knutsen" [Capacidade.- 173.000 m³ (1) ]
coa súa perigosa carga, para Reganosa, ten pensado entrar na Ría de Ferrol, este Venres 15 de Xaneiro de 2010, o Comité Cidadán convoca unha acción de protesta e denuncia, para o mesmo día ás 7 da tarde diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada García de Ferrol. Unha CONCENTRACIÓN sonora ante o que ven ser o buque metanero número 1 do ano 2010 e o 59 desde que entrara o Galicia Spirit en Maio de 2007.
Unha vez máis Reganosa, coa complicidade das autoridades locais, autonómicas e centrais, veñen a aumentar o perigo potencial que xa de por si ten a presencia da planta regasificadora, instalada irresponsabelmente no corazón da nosa Ría.
O movimento social que se opon a Reganosa, coa forza moral que lle dan os seus argumentos, vai seguer loitanto contra o despropósito gasístico, porque é perigoso, irracional e corrupto.
(1) A capacidade máxima autorizada, pola legislación vixente, para a entrada na nosa Ría deste tipo de buques é de 140.000 m3.
Os contínuos incumplimentos da normativa establecida incrementan a situación de risco e perigosidade a que constantemente está sometida a población de Ferrol e comarca.

Antes de que suceda unha catástrofre
En Chuza
Sem comentários:
Enviar um comentário