1/16/2010

Denuncia do Comité Cidadán (CCE) ante o Xulgado de Garda

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Hoxe sábado 16 de xaneiro, o noso Coordinador, Manuel Rodríguez Carballeira, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, presentou unha denuncia no Xulgado de Garda, polo incumplimento da normativa vixente, na entrada do gaseiro GNL “Ibérica Knutsen” na Ría de Ferrol, ocorrido o día de onte.

Dito gaseiro ten unha capacidade de 173.000 m3, sendo o máximo permitido 140.000 m3, segundo establece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalaciones da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa.

O CCE considera que a entrada deste buque supuxo un grave risco para a cidadanía do entorno da Ría, e un incumplimiento flagrante e doloso da autorización de construcción e a tolerancia delo pode acarrear responsabilidades personais para os organismos de control.

Preveendo estas circunstancias, o CCE, como xa fixemos público, cursou escrito ao Ministerio de Industria, o pasado día 14, solicitando a adopción das medidas oportunas para impedir a entrada na ría de dito buque.

A denuncia foi presentada contra as seguintes persoas e entidades:

- Capitán do gaseiro “Ibérica Knutsen”.

- Dirección General de Política Energética y Minas.

- Autoridade Portuaria de Ferrol–San Cibrao.

- Promotores da Planta de Gas de Reganosa.

Comité Cidadán de Emerxencia (CCE)


Sem comentários: