Campo de fútbol da Pedreira O Concello de Mugardos adxudicou onte unha das últimas obras que se acometerán no municipio con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local. Na xornada de onte procedíase a contratar de xeito definitivo á empresa Acha os traballos do peche perimetral do campo de fútbol de herba artificial do
Galicia de Mugardos.
O alcalde, Xosé Fernández Barcia, apuntou que a intervención suporá un investimento de 134.998 euros e terá un prazo de execución de dous meses.
O nacionalista Fernández Barcia explicou que hoxe se procederá a adxudicar de modo definitivo, no transcurso da Xunta de Goberno Local convocada no consistorio, as obras a executar nas rúas dos Casás e María, cada unha das cales suporá un desembolso que ronda os 400.000 euros, tal e como apuntou o alcalde do municipio. O Concello xa adxudicou, tamén con carácter definitivo e hai tan so uns días, os traballos pendentes nas instalacións do Clube do Mar da vila.
Trala tramitación destas últimas intervencións, daranse por finalizadas, tal e como apuntou Barcia, as licitacións correspondentes a actuacións financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local no municipio de Mugardos.
Diario de Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário