Manuel Amable Romero é arquitecto e responsable da comisión de achaiadura da delegación local do COAG.
Bo gusto. O campus de Esteiro e a praza de Amboage. É unha resposta sinxela que resolve perfectamente un problema topográfico moi complexo, pois entre rúa María e a Real había un desnivel de 7 ou 8 metros. Co uso de dous elementos xeométricos moi sinxelos, que é unha praza horizontal circular inscrita no interior dun cadrado de vexetación, adapta as pendentes das catro rúas perimetrales e permite o seu acceso desde calquera punto, tanto perpendicular como diagonalmente...
Feísmo. "A planta de gas de Reganosa. Se entendemos que o feísmo é a destrución da paisaxe e non atopar a correcta integración das construcións da súa contorna, a implantación das instalacións de Reganosa no medio da ría é un claro exemplo. A súa situación fálanos dunha falta de planificación e de ordenación territorial. O uso que se dá ao territorio debe rexerse sempre polo interese xeral e a utilidade pública, e a ría e as súas beiras estaban destinadas a transformarse no espazo de relación dos concellos de Mugardos, Neda, Narón e Ferrol: colocar a planta neste espazo ou no medio deste espazo, que é a ría, co seu gran impacto visual e a súa negativa presenza supón a destrución dunha paisaxe natural como é o da ría. O seu lugar debería ser o porto exterior, aplicando un mínimo sentido común e uns certos criterios lóxicos".
Diario de Ferrol / Nordesia (páxina 4)
En Chuza
Sem comentários:
Enviar um comentário