A III Marcha a pé, desde Ferrol até Mugardos, tivo lugar este Xoves 23 de Xullo de 2009, coincidindo co segundo aniversario do peche veciñal na casa do Concello de Mugardos, por parte da veciñanza de Meá que durou 111 días.
Para lembrar esta mobilización de suma importancia na loita contra REGANOSA, o Comité Cidadán manten as marchas a Mugardos como unha acción máis contra o despropósito gasístico irracional e corrupto de REGANOSA que empobrece a Ría e ameaza a nosa vida e seguridade.
Moitas persoas saíron desde o Parque "Carmelo Teixeiro" de Caranza, para participar na camiñada de 15 Km, pequen@s e grandes, máis a cor vermella presominou no transcurso do percorrido, "O Pote" de Maniños foi o ponto de reagrupamento. A Pedreira o segundo, e o paso por diante dos tanques de Reganosa foi todo un estruendo de berros: "Planta de Gas Fóra da Ría !"
Despois da Marcha houbo un Festival no Parque dos Carneiros organizado pola Asociación Veciñal "O Cruceiro" de Meá.
Videos dos diferentes momentos da Marcha:
Marcha Mugardos 2009 01. Marcha Mugardos 2009 02. Marcha Mugardos 2009 03. Marcha Mugardos 2009 04. Marcha Mugardos 2009 05
En Chuza
Colectivo Ártabra 21
laopinioncoruña.com
elcorreogallego.es
Sem comentários:
Enviar um comentário