7/04/2009

47 Feira de Mostras do Noroeste

A Feira de Mostras máis antiga de Galicia cumpre un ano máis coa súa cita de verán no recinto feiral de Ferrol (A Coruña). A Feira de Mostras do Noroeste congregará no seu 47 edición a máis de 200 expositores dos máis diversos sectores: desde a artesanía ata a industria, pasando polas institucións, as telecomunicacións, o turismo, o fogar e a decoración, a automoción, a construción, a maquinaria agrícola e forestal, a alimentación, etc.
Entre o 7 e o 12 de Xullo de 2009 o recinto feiral de Ferrol, escenario deste certame, que ocupa unha superficie de máis de 25.000 metros cadrados, converterase no espazo ideal para o intercambio comercial e empresarial, para o contacto entre profesionais e co consumidor final, que tanto interesa ao expositor deste tipo de eventos.
O sector turístico vai cobrando ano tras ano un especial protagonismo grazas á presenza de cada vez máis Concellos e institucións públicas que exhiben na Feira de Mostras as potencialidades das súas respectivas áreas de influencia, promocionando a súa cultura, as súas festas e a súa gastronomía. É importante destacar a cada vez maior presenza de Concellos da nosa contorna no certame, que aproveitan para a promoción turísitica. Na presente edición participan: Narón, Cabanas, Pontedeume, Ferrol, Fene e Mugardos. Súmanse a eles: Burela, Mondoñedo e o Padroado de Turismo de Ourense, que promocionará, entre outras a Vía Nova, unha ruta turística que percorre transversalmente, de Suroeste a Nordeste a provincia de Ourense.

Sem comentários: