7/04/2009


A plataforma cívica Rumbo 21 presentou este mediodía no salón de plenos do Concello de Mugardos a iniciativa lexislativa popular que persegue a fin do veto que pesa sobre a antiga Astano.
O acto público será presentado polo alcalde do municipo, Xosé Fernández Barcia, e intervirá o voceiro da entidade, Jesús Varela. A corporación municipal expresou o seu apoio á iniciativa, por considerar que a actual situación do estaleiro “non se pode manter por máis tempo”. En particular, engade, durante “estes tempos de crise que están a padecer as familias máis castigadas polo desemprego, tendo diante de nós uns estaleiros que deron emprego a miles de traballadores desta comarca”.
Mañá, en Ares
Para a xornada de mañá, Rumbo 21 continuará a súa actividade no concello de Ares, onde os seus representantes recollerán sinaturas entre as once da mañá e as dúas da tarde no paseo marítimo da localidade. Dende a plataforma informouse de que en Ares xa asinaron máis de 350 persoas, polo que espera superar o milleiro de sinaturas. A Corporación Municipal, lembran dende a entidade, tamén aprobou por unanimidade a súa adhesión á iniciativa e o seu apoio a tódalas medidas para difundila.

Sem comentários: