A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ratificou onte a aprobación da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Mugardos para permitir que o campo da Pedreira, onde xoga o
Galicia de Mugardos, pase a dispor de céspede artificial. O cambio "ten por obxecto cualificar a devandita parcela como sistema xeral de equipamento deportivo público en só urbano consolidado, axustando os seus límites á realidade parcelaria e redelimitando en consecuencia o só urbano non consolidado P-1 A Pedreira", explican fontes oficiais do Goberno galego.
A parcela ten unha superficie de 6.824 metros cadrados, "hoxe destinada a campo de fútbol e que foi cedida ao Concello pola
Sociedade Deportiva Galicia de Mugardos mediante escritura pública de xaneiro de 2009". Ademais, o proxecto que ratificou a Xunta onte "contén unha serie de modificacións respecto"ao que se informou en xullo,"consistentes fundamentalmente na previsión dunha vía pública de nove metros de longo que dá acceso á parcela dotacional; e na redelimitación desta adaptándoa á parcela catastral".
ReacciónsO alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, foi notificado o xoves de que esta aprobación se ía a producir ao longo desta semana. O rexedor nacionalista mostrou a súa satisfacción porque, por fin, desbloqueouse "despois dun longo proceso de negociacións tanto coa Secretaria Xeral, como coa Sociedade Deportiva Galicia de Mugardos e persoas particulares, para conseguir a cesión de terreos afectados para levar a termo as obras contempladas non proxecto construtivo". As obras foron adxudicadas definitivamente á empresa Oviga e contemplan un investimento de 400.000 euros.
[Ler máis]
Sem comentários:
Enviar um comentário