Nada fácil resultou ao Boiro desfacerse do apuro no que o meteu un Galicia Mugardos solidario atrás, combativo e bo manejador da pelota na sala de máquinas, e agresivo arriba, aínda que sen a calidade suficiente para superar a solidez defensiva de que dá mostras o combinado boirista neste arranque de tempada.
Co novo Eloy baixo paus, respondendo con solvencia ás esixencias de Maikel (min 3) e José (min 8) e aos centros ao área, e con Changui no eixo do ataque, os boiristas tiveron problemas para tecer o xogo de entrelíneas, zona na que cometeron demasiadas imprecisións. Un penalti (min 8) sobre Adrián, un remate á base do poste de Changui (min 24) e unha falta de Anxo que o porteiro sacou a córner con enormes dificultades (min 28) anunciaron o 1-0 (min 27). A mesma tónica seguiu na segunda parte. Tras o 1-1, Changui contestou con rapidez e sentenciou o choque.
Boiro:
Eloy; Jonathan (Álex, min 68), Dani Conde, Borja, Roberto, Cardeñosa (Rivas, min 65), Anxo (Pablito, min 55), Walter (Pajarillo, 89), Jon (David, min 78), Changui e Adrián Armental.
Galicia Mugardos: Agustín (Óscar, min 46); Rubén, Jorge, Manuel, Sanmartín, Grueiro, José (Puchi, min 58), Óscar Pérez, Maikel e Rubén Seco (Dani Eume, min 71).
Árbitro: Correia (Vigo). Quisquilloso. Expulsou a Samartín (min 90). Goles: 1-0, min 27: Changui bate ao meta Agustín tras recibir un pase de Walter caído no céspede; 1-1, min 48: Grueiro, ao converter un penalti cometido por Cardeñosa sobre Maikel; 2-1, min 53: Changui, tras un servizo de Cardeñosa; 3-1, min 57: Changui, de cabeza.
Incidencias: Partido da oitava xornada de Preferente. Celebrouse en Barraña, que, nunha tarde estupenda, rexistrou unha das melloras entradas en anos: ao redor de 500 espectadores.
Sem comentários:
Enviar um comentário