O pasado sábado, en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, varias entidades (A. VV. O Cruceiro de Mehá, A.C. Fuco Buxán, Ateneo Ferrolán e ADEGA) presentaron alegacións a
"Modificación puntual substancial da delimitación dos espazos e usos portuarios do Porto e Ría de Ferrol para afectación de partes de terreo en Punta Promontorio (Área de Mugardos), Xuño 2011" que a Autoridade Portuaria Ferrol – San Ciprián está a tramitar e que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol (CCE) considera un acto administrativo fraudulento que ven a ocultar unha MOI GRAVE infracción da
Ley de Costas.
Contrariamente ao expresado por parte da Autoridade Portuaria nalgunhas instancias, as consecuencias do acto que se alega, van moito máis aló das puramente administrativas, como un posíbel aumento do canon de concesión, senón que veñen confirmar ilegalidades que pretenden ter continuación cunha decisión que persegue, despois de modificar o ámbito portuario, aumentar a concesión innecesaria ás empresas
Forestal del Atlántico e Reganosa. (
Ler o resto deste artigo)
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário