CONCENTRACIÓN
NO PORTO DE FERROL
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA FÁBRICA DE XEO
XOVES 25 DE AGOSTO, ÁS 8 DA TARDE
O LNG "Bonny", un vello gaseiro de hai 30 anos, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este xoves 25 de Agosto de 2011. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 98, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha CONCENTRACIÓN, o mesmo xoves, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no Peirao de Ferrol (antiga fábrica de xeo).
Antes de que suceda unha catástrofre
Comité Cidadán de Emerxencia
Sem comentários:
Enviar um comentário