O Soneira Sociedade Deportiva é o equipo de fútbol do Concello de Vimianzo. A entidade fundouse en 1965 e xoga habitualmente no campo municipal de Vimianzo que ten un aforamento de 2.500 espectadores. O Soneira gañou tres ligas da Costa, concretamente as de 1967, 1984 e 2005. O equipo branco ten un cadro de persoal moi competitivo e intentará comezar a liga con bo pé. O ano pasado gañou os dous partidos de liga. O primeiro dos encontros celebrado o 19 de decembro o Soneira venceu pola mínima no seu feudo ao Mugardos. Posteriormente xa na Pedreira o 8 de maio o Soneira gañou por 2 a 4.
O
Galicia de Mugardos afronta unha tempada coa intención de consolidarse na categoría e non pasar apuros.
Germán Amil continúa na dirección técnica do mugardos coas incorporacións de Pitu, Colo, Javi Prieto, Javi López, Uxío, Vicente, Dani Ramos e Javi Eume. Tamén conta con Pena, procedente do Neda e Aitor e Martín do Galicia de Caranza xuvenil. A liga comezará o domingo ás 18.00 horas no campo da Pedreira. Espérase unha boa entrada como de costume.
voltaaria.com
Sem comentários:
Enviar um comentário