Campaña "A Limpar o Mundo"
O Concello de Mugardos, por décimo ano consecutivo, implícase no programa "A limpar o mundo" que, nesta ocasión, traducirase nunha nova limpeza dos fondos mariños. A convocatoria fixouse para a xornada do próximo domingo, día 23.
Como en anteriores citas, o goberno municipal conta coa colaboración de Protección Civil, Confraría de Pescadores, Asociación Ambiental Neptuno, Sociedade Galega de Historia Natural e do Club do Mar de Ferrol para levar a cabo unha iniciativa que arrincará pasadas as cinco da tarde.
Como outros anos, unha vez finalizado o acto a participación agradecerase cunha merenda, mentres que os resultados incrementarán as 18 toneladas de lixo que foron retiradas do fondo da ría durante os últimos nove anos. Plásticos, neumáticos, electrodomésticos e distintos materiais de desfeito constitúen algunhas das "pezas" máis comúns.
1 comentário:
Vaia por diante a miña noraboa polo artigo e unha noraboa mais grande por teres un concello que preocúpase do medio que nos rodea.
Aproveitando o teu artigo fixen un chamamento en Pontedeume, un artigo que titulo
"Teño unha envexa sa do Concello de Mugardos", que espero sexa do teu agrado.
Apertas dende Pontedeume, eumés.
Enviar um comentário