6/22/2009

Portos estudará as melloras solicitadas polos usuarios do peirao de Mugardos

Peirao de Mugardos, pulsa sobre a foto para aumentar, merece a pena (mikeldesings)

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campaña, e o delegado provincial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, mantiveron un encontro cos armadores e usuarios do peirao de Mugardos no que lles foron expostos diversos asuntos relacionados coa problemática que afecta a este peirao respecto de diferentes aspectos que poden ser mellorables en opinión dos propios armadores.
A reunión tivo lugar no peirao da vila e alí atendéronse as diversas reclamacións, que Álvarez Campaña se comprometeu a estudar, talles como a petición de rebaixas nas taxas portuarias aplicadas aos pantaláns pola súa elevada contía ou o replanteamiento das parcelas sinaladas na chaira do peirao que resultan ineficaces -este é o motivo polo que solicitan a construción de casetas para usuarios-.
Tamén demandan a Portos de Galicia un estudo sobre o espigón de abrigo de Punta Ratón, xa que pola súa reducida lonxitude, os pantaláns quedan desprotexidos da maioría dos ventos, o que fai perigoso a atracada das embarcacións, así como o uso profesional do antigo peirao. Outra das peticións é a colocación de novos pantaláns, unha rampla ao nivel da existente no peirao antigo e o uso da Casa do Reloxo. Así mesmo, os armadores e usuarios do peirao expuxeron outra das súas necesidades relacionadas co transporte marítimo en lancha -plan metropolitano ou plan de viabilidade turística-, ademais do acondicionamento do peirao do Seixo e a construción dunha rotonda, xa que a súa estreiteza fai inviables algunhas manobras dos vehículos.

Diario de Ferrol

Sem comentários: