12/02/2009

Non hai desánimo, a loita continua!

Reganosa Ilegal e Perigosa


O Parlamento Europeo pecha o expediente sobre a planta de Reganosa ao non ver irregularidades

A comisión de Peticións do Parlamento Europeo (PE) pechou o seu expediente sobre a planta regasificadora de Reganosa, despois de que a Comisión Europea (CE) analizase a instalación e non apreciase ningunha violación das normas comunitarias.
Os eurodiputados arquivaron sen debate o caso aberto por mor das queixas de Esquerda Unida de Galicia, da Federación Roi Xordo de asociacións veciñais e da Confraría de Pescadores de Ferrol, segundo informaron fontes parlamentarias.
A comisión de Peticións seguiu neste caso a opinión do Executivo comunitario, que nunha comunicación aos deputados consideraba que «non ten ningún sentido proseguir con este asunto» ao non haberse detectado ningunha irregularidade.
A CE recoñece que este tipo de planta «poida resultar impopular polo que se refire a determinado sector da poboación circundante», pero asegura que tras unha «avaliación pormenorizada e exhaustiva» non se aprecian incumprimentos das normas europeas de materia de Medio Ambiente.
Os colectivos opostos á regasificadora argumentaban nos seus escritos ao PE que a planta construída en Mugardos representa un «risco importante para as persoas e o medio ambiente» e denunciaban vulneracións de varias directivas europeas.
Entre outras cousas, recordaban que a instalación se colocou «demasiado preto de zonas residenciais» e que se atopa «nas proximidades dun complexo petroquímico».
Ademais, expresaban a súa preocupación polo «uso intensivo» de auga de mar no proceso de gasificación e pedían a prohibición do seu uso se finalmente a planta segue en funcionamento.


reganosademolizon.org

Sem comentários: