12/19/2009

V Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares

Cartaz da carreira Mugardos-Ares-Mugardos

A V Carreira Popular de Fin de Ano, que organizan de forma conxunta os Concellos de Ares e Mugardos, conta xa con 220 inscritos nos primeiros catro días de prazo, o que, para a organización, mostra o gran interese desta proba deportiva. Neste sentido, recórdase que o período establecido para apuntarse remata o día 22, martes.
Os interesados en participar, poderán solicitar máis información na Alianza Aresana e na OMIX de Mugardos, así como nos teléfonos 981 448 057 (Alianza) ou 981 472 202 (OMIX), mentres que as inscripcións deberán formalizarse na web da Federación Galega de Atletismo ó na OMIX do Concello de Mugardos. O único requisito que se esixe para tomar parte nesta proba deportiva é ter cumpridos os 14 anos.
A actividade comezará ás 11.00 horas e consistirá nunha carreira de dez quilómetros que sairá e rematará nesta ocasión do pavillón municipal de Mugardos. Debido ao carácter popular da proba, non haberá clasificación por categorías nin premios aos participantes, senón que ao final da carreira haberá un sorteo de diferentes agasallos entre os participantes.

Máis de 220 inscritos

atletismogalego.org

Sem comentários: