12/22/2009

Desmentido do publicado en diversos medios de comunicación

Nota de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Fai poucos días, diversos medios de comunicación, ben por non confirmar debidamente as fontes de información, ou ben por prestar o seu apoio a Reganosa tal como algúns veñen facendo descaradamente desde o principio, transmitiron a noticia de que o Parlamento Europeo archivara a denuncia contra a ubicación da Planta de Gas de Mugardos.

Ao obxecto de desmentir as erróneas informacións difundidas, explicamos detalle do procedemento que esta denuncia está a seguir.

Denuncia á que este Comité Cidadán de Emerxencia está achegando novos datos documentados que remarcan que, no seu actual emprazamento, esta Planta de Gas é extremadamente perigosa, ilegal e nociva para a sustentabilidade da Ría, ademais de innecesaria e cuxo mantemento supón un custo desproporcionado que, vía subvencións do Estado, estamos soportando todos os cidadáns.

Por todo iso, este Comité, que cumpre os dez anos de loita contra este despropósito, demanda unha vez máis aos poderes públicos, a paralización da actividade da Planta de Gas e a revogación das súas licenzas. [Ler máis]

Antes de que suceda unha catrástofe

2 comentários:

Eumes disse...

Dende S.O.S. Pontedeume denuncia! non quero deixar pasar a oportunidade que me
brinda poñer este comentario para desexarvos ao administrador ou
administradores desta bitácora e a todos os seus seguidores, BO NADAL E UN
FELIZ ANO NOVO.

Estrella★Negra disse...

" Rectificación" de reganosademolizon.org:

- http://reganosademolizon.org/?p=464