Só unhas horas despois
de se dar de baixa no BNG, o movemento crítico xurdido na agrupación frentista de
Mugardos xa está mans á obra ca fin de dar forma oficial ás súas inquietudes políticas.
Alternativa Galeguista irrumpe así no panorama político do municipio con miras a facerse un oco nas eleccións municipais convocadas para o mes de maio.
Anxos Díaz Prados, antiga edila de Benestar no goberno de Xosé Fernández Barcia e unha das voces máis críticas coa liña política seguida polo BNG nos últimos anos, tamén pasa agora a ser a imaxe máis coñecida dun proxecto que “nace para defender os dereitos da cidadanía” e que reúne a un grupo de persoas “que
teñen unha maneira diferente de entender a política”, aseverou Prados.
Así, cuestións como a identidade, a transparencia e a participación que, no seu día, centraron as reclamacións dos críticos á sección do BNG liderada polo rexedor municipal convértense na pedra angular dun proxecto político que arrancou onte mesmo coa rúbrica do documento notarial solicitando a súa legalización ao Ministerio de Interior.
O nacionalismo de esquerdas é a liña política dunha nova formación que concorrerá aos próximos comicios municipais, tal e como explicou Anxos Díaz, se ben aínda está por decidir o nome da persoa que representará á formación na mencionada cita electoral. Será unha decisión que se tomará a partires do consenso dos afiliados, segundo se apuntou dende unha formación que, a día de hoxe, reúne a un total de 14 persoas.
A convocatoria da reunión tamén é unha cuestión que se resolverá en próximas datas, tal e como se apunta desde a actual dirección dunha formación aínda en cernes.
Díaz definiu o proxecto como unha maneira diferente de entender a política Diario de Ferrol
Sem comentários:
Enviar um comentário