1/07/2011

O cheiro a marihuana é de Reganosa


O estudo encargado polo Concello de Ferrol para aclarar a procedencia do estraño cheiro, similar ao da marihuana, que periodicamente se percibe na cidade desde hai máis de tres meses, comezou a dar os seus froitos. A análise das catas conseguiu identificar a sustancia que provoca este fenómeno: os mercaptanos. Trátase dun composto que, segundo distintas fontes, mestúrase co gas para facilitar a detección de posibles escapes.

Planta de gas

Aínda que polo momento o Concello declinou precisar con máis exactitude a orixe dunhas vaharadas que se puideron percibir de novo esta semana -tanto en distintos puntos do centro de Ferrol como na zona rural- a información indica que a orixe podería estar relacionado coa planta de gas de Reganosa en Mugardos.
Así o apuntan todos os indicios, como a coincidencia da aparición do cheiro sempre con ventos do suroeste e a chegada de gaseros á ría. E tamén o uso para o que se aplica a sustancia en cuestión, presente tamén na marihuana e de aí, a similitude co cheiro que en determinados momentos se detecta na cidade.
Algúns cidadáns comezaron a percibir este cheiro a finais de setembro, que volveu reproducirse na primeira semana de outubro. A expectación suscitada polo estraño fenómeno e a preocupación xerada fixo que o Concello encargase a realización dunha serie de catas, a pesar de que a administración local aclarou que era unha cuestión fóra da súa competencia.

A Voz de Reganosa

Sem comentários: