1/01/2011

Primeiro gaseiro do ano 2011


Anuncian a entrada na Ría, do buque gaseiro “Iberica Knutsen” , coa súa perigosa carga para Reganosa. De entrar, serían 81 os metaneiros cargados con GNL-LNG, os que puxeran en perigo a toda a poboación da contorna da Ría de Ferrol.
Unha vez máis o corrupto e perigoso despropósito gasístico, amosa o seu portencial destrutivo coa entrada na Ría dun novo gaseiro. Se xa de por si a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría, é moi perigosa, cando entra un gaseiro na Ría, esta perigosidade aumenta exponencialmente. O gaseiro ten que sortear un sinuoso, longo, estreito e pouco caudaloso canle de entrada. E só pode entrar cando se dan unhas condicións meteorolóxicas determinadas. Nengún buque -grande ou pequeno- pode estar navegando pola Ría. A menos de 200 metros non pode estar outro buque ou embarcación, só os dos práticos, Guardia Civil e remolcadores. @s mariscadores teñen que paralizar as súas faenas. Logo a operación de descarga do gas, converte-se, durante horas, nunha auténtica bomba de reloxería que até que esta non acaba, o perigo de accidente é enorme. Ante calquer hipotético accidente que se producira no complexo, o buque tería que saír a mar aberto polos seu propios medios. É por iso polo que sempre emproa cara a boca da Ría e hai un ou dous remolcadores encostados mentras dura a descarga do perigoso fluído. Mais ante a imposibilidade de saír a mar aberto, a Autoridade Portuaria, designou un lugar para o buque que sería o fondeadeiro de Santa Lucia, a 400 m da Planta -frente as casas baratas de Mugardos- e que, ademais, non ten o calado suficiente para alberga-lo.
Todo o mundo sabe, e sobre todo os seus promotores, que esta planta nunca se debeu instalar dentro da Ría. Mais a codicia duns poucos, que xa o teñen todo, e a ambición persoal de falsos e mequetrefes e a corrupción política, permitiron semellante despropósito. Por outra banda a planta ve-se inecesaria, os datos son contundentes, traballa baixo mínimos, até algunha vez ten posto en perigo o propio sistema, tendo que intervir a xestora gasística no seu auxilio. Doe que sexa o diñeiro de tod@s nós, o diñeiro público o que teña que manter todo este despróposito.

Diante do anuncio da chegada do, xa coñecido, LNG “Iberica Knutsen”, o Comité Cidadán convoca nova acción de denuncia e protesta: CONCENTRACIÓN, este Lúns 3 de xaneiro de 2011, ás 7 da tarde, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Antes de que suceda unha catástrofre

Comité Cidadán de Emerxencia

ferrolsuso.blogspot.com

Colectivo Ártabra 21

Sem comentários: