Galicia de Mugardos 1-0 C.D. Lemos
Canosa foi o autor do único gol do Galicia de Mugardos onte a tarde ante o Lemos que xogou con 10 durante 80 minutos. O xogador visitante Nabil autoexpulsouse do partido no minuto 12. O rapaz do equipo de Monforte fixo falta a Sanmartín e cando os dous volvian ao xogo, Nabil intentou agredir a Sanmartin e o árbitro non o dubidou. O Lemos pelexou con contundencia durante a primeira metade. O porteiro do Mugardos Oscar tivo duas intervencións claras que salvaron ao conxunto de Germán Amil. O tanto da vítoria chegou dunha xogada de Suso Peña que remata Canosa a gol. Corría o minuto 61 de partido.
O mellor do encontro foi o resultado e o Mugardos sumou 3 puntos de ouro na súa conta particular pero continúa como equipo menos goleador da Preferente.
voltaaria.com
Sem comentários:
Enviar um comentário