1/14/2011

O gasoduto de Arteixo permitirá unir Reganosa coa refinería de Repsol

gasoduto no rio eume
O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do gasoduto de Arteixo, que discorre integramente por ese concello e terá unha lonxitude de 1.149 metros. A Xunta destacou que o desenvolvemento desta infraestrutura, cun investimento próximo ao medio millón de euros, reforzará a rede gasista do noroeste e flexibilizará e mellorará a seguridade do conxunto do mallado básico de gasodutos. Feijoo subliñou que con este paso a Xunta desbloquea un gasoduto que permitirá conectar Arteixo cun dos gasodutos de Reganosa e que levará o gas á refinería de Repsol.

A Voz de Reganosa

Sem comentários: