4/25/2011

O Galicia de Mugardos vence ao Santiago de Compostela (2-0)


A Pedreira tense que converter nun fortín. Esta é unha das premisas de Germán Amil para manter a categoría. E de momento parece que aos poucos se vai conseguindo.
Onte o Galicia de Mugardos non xogou o seu mellor partido pero si foi mellor no resultado: 2-0. O primeiro tempo foi de dominio visitante. Varias ocasións de perigo, e ata unha a porta baleira, puideron pór por diante ao equipo de Suso Moure, pero o marcador ao descanso chegou 0-0.
No 63´de penalti chegaría a apertura do marcador. Juan Jesús non fallou desde os 11 metros e golpeou co esférico nas redes. Para rematar a faena outra pena máxima anotada por Rubén Seco deu tranquilidade e deixou os 3 puntos en Mugardos.
Con esta situación o Galicia de Mugardos escapa aos poucos de abaixo.

Galicia Mugardos: Agustín, Rouco, Jorge, Adrián Martínez, Manel, Diego Seco (Vituco, min. 46), Rubén Seco, Juan Jesús (Fran, min. 67), Marcos Remeseiro (Juani, min. 87), Suso Pena e Máikel (Rebolo, min. 88).
Santiago: Javi, Espiña (Ayaso, min. 67), Mateo, Cholo, Martín Barreiro, Bendaña, Rubén, Adrián (Aarón, min. 74), Óscar, Vila e Martín González.
Árbitro: Domínguez de Bernardi (A Coruña). Amoestou a Espiña, Cholo e Mateo (dúas veces, vermella no 86).
Goles: 1-0, min. 63: Juan Jesús, de penalti. 2-0, min. 73: Rubén Seco, de penalti.
Campo: A Pedreira, 300 persoas.

voltaaria.com

Sem comentários: