A Ría de Ferrol está moi depauperada, cantidades enormes de augas residuais urbanas son verquidas diariamente desde moitos puntos da súa contorna. Os verquidos industriais continúan. E non hai quen poña freo aos verquidos que moitos buques realizan sen nengún tipo de controlo. Non hai autoridade ningunha que poña freo a tanta agresión contra o medio ambiente.
A nosa Ría é un verdadeiro sumidoiro.
A depuradora de Prioriño Chico xa está construída, falta o emisario submarino que levará as augas depuradas varios centos de metros mar a dentro. O túnel -emisario terrestre- de case 7 Km desde A Cabana até a depuradora, xa hai máis de dous anos que está construído e rematado o seu encofrado interno, a estación de bombeo d'A Cabana, leva máis de 3 anos construída. Falta un traballo fundamental responsabilidade dos concellos de Narón e Ferrol, e "Augas de Galicia", que non souberon estar á altura das circunstancias, deixando deteriorar os colectores xerais e non construíndo as necesarias ramificacións, enlaces secundarios e nós de distribución. A Ría de Ferrol esmorece porque os nosos gobernos municipais e autonómicos actuaron con deixamento e neglixencia. Sacrificar a Ría de Ferrol, estaba nos planos dos diferentes gobernos Fraga, e ese terrorífico plan, puido ser executado sen case oposicións desde outras administracións. A construción de Reganosa no corazón da Ría é unha proba de-lo.
Hoxe pola mañá unha mancha viscosa de cor amarelo entraba na Enseada de Caranza procedente doutra banda da Ría, o vento sopraba forte do oeste traendo a citada mancha. Na outra banda da Ría había dous buques atracados en "Forestal del Atlántico", un no pantalán de deslastre e desgasificación e outro no peirao de Punta Promontorio, que elevou ancoras sobre o mediodía. En Navantia outro buque reparaba no peirao de carenas. Non se pode permitir que segan emporcando, contaminando e destruindo a nosa Ría. A defensa da Ría ten-se que converter nunha das principais bandeiras reivindicativas do movimento ecoloxista e social transformador desta Comarca. Do estado de saúde da nosa Ría, depende o noso estado de futuro, ... depende o noso futuro.
Ártabra 21
O poder da risa
Há 1 semana
Sem comentários:
Enviar um comentário