Hoxe martes, 2 de agosto, ás 10,30 hs, o
Concello de Mugardos levará a Pleno a proposta de Modificación do
Plan de Urbanismo (PXOM), coa pretensión de regularizar as ilegalidades da ubicación da Planta de Gas de Reganosa en Punta Promontoiro.
Con este feito, confírmase o tantas veces mantido polo
Comité Cidadán de Emerxencia, e polos Tribunais de Xustiza.
Por moitos “parches” que lle poñan, será sempre unha Planta ilegal, extremadamente perigosa, innecesaria e antieconómica, creada só para beneficio dos seus promotores, a conta do diñeiro de toda a cidadanía, coa connivencia das Administracións.
No Pleno, estarán presentes a A VV “O Cruceiro” de Mehá e unha representación do CCE.
Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol
1 comentário:
Ola!
Son @apermuy da organización do Kernel 2011 de Mugardos. Podes mudar a ligazón do banner? A nova é http://web.comunidadeozulo.org/programa-kernel-2011 . Por certo, grazas por promocionar o evento.
Saúdos.
Enviar um comentário