3/05/2009

Convocado o concurso de carteis para a Festa do Polbo

XI Concurso de carteis «Festa do Polbo» (Artritris )

A Concellería de Cultura do Concello de Mugardos convoca a XII edición do Concurso de carteis da Festa do Polbo, que este ano por primeira vez ten consideración de interese turístico galego. As bases do certame sinalan que os traballos poden presentarse sen límite de cores ou técnicas pero en tamaño DIN A3. Así mesmo, neles figurará o seguinte texto: XIX Festa do Polbo Concello de Mugardos. Os orixinais deben presentarse na Oficina de Información Xuvenil municipal durante todo o mes de abril. Todos os traballos teñen que ir asinados cun pseudónimo e acompañados dun sobre pechado no que se recollerán os datos persoais do autor. Non se pode presentar ó concurso ningunha persoa menor de 16 anos.
Un xurado, composto por membros da Comisión de Cultura do Concello, elixirá o cartel gañador que levará un premio de 450 euros en metálico. Este deseño (ó igual que os cinco finalistas) pasará a formar parte do patrimonio cultural do Concello que poderá utilizalo, reproducilo e difundilo con total liberdade.
Ademais, unha vez concluida a selección do xurado, o Concello poderá realizar unha exposición cos mellores traballos presentados ó concurso.

Sem comentários: