3/09/2009

A xustiza empeza a asumir o verde

NoN ao Porto de Granadilla

Os xuíces están perdendo o medo a paralizar grandes obras, a miúdo públicas, para salvar unha árbore ou un animal protexido. Hai casos extremos, como o que protagonizou o mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Canarias ao suspender de forma indefinida as obras do porto de Granadilla (en Tenerife, máis de 300 millóns de investimento previsto) para preservar unha alga protexida.
Pero hai moitos máis. O oso pardo parou a estación de esquí de San Glorio; o hotel do Algarrobico é ilegal e o xuíz considera que La Junta manipulou os planos dun parque natural para permitilo; un dos maiores proxectos eólicos foi anulado por estar en zona de urogallo; a cegoña negra impediu a urbanización en Las Navas del Marqués, e un ex conselleiro de Murcia foi detido o mércores pola recualificación dunha zona con aguia perdicera e tartaruga moura. David vence cada vez máis a Goliat.
Pero como di Sus0, os xuíces nos que confio espero retiren do interior da Ría de Ferrol a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, que está destruíndo o ecosistema mariño da ría e expoñendo a vida de miles de persoas.

[+ Ler máis] Artigo orixinal El País

4 comentários:

suso ferrol disse...

Seguro que a alga esa e moi valiosa.Temos que asumir que non podemos seguir desfacendo o territorio,rompendo a cadea alimentiza da natureza,nen desprazar ningunha expecie do seu habitat.
Pero os xuices nos que confio espero retiren do interior da ría de Ferrol a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa,que esta destruindo o ecosistema marino da ría e expoñendo a vida de miles de persoas.


un abrazo Canario

canariodopenedo disse...

Tes moita razón, tería que haberme mollado máis coa perigosa e ilegal Reganosa.
Unha aperta, e bo traballo no teu blog.

ruben disse...

Non hai moitos motivos para ser optimistas neste senso. O caso de reganosa non se está a desenvolver do mesmo xeito que o de Granadilla.

Alí conseguiron paralizar un megaporto, nós aquí xa temos o megaporto chantado na boca da ría... e ao comité solicitando o traslado da planta de gas a este megaporto.

Compre ir mudando xa de estratexias...

ruben disse...

Ademáis, só hai que mirar o blogue ese que ligas no artigo, o de "metienenfrito" para ver que a movilización social contra o porto xogou unha baza fundamental na decisión xudicial. O que non podemos fazer é denunciar e sentarnos a esperar unha resolución xudicial. Todavía hai convocada unha manifestación mañá para esixir o cumplimento da lei... porque así son as cousas: A lei, como ti ben dis, danos a razón, máis hai que ter en conta que quen fai a lei fai a trampa.
No caso Reganosa: incumplen unha morea de normativas e leises e ahí está a planta, agardando a duplicación da capacidade...

Será porque aquí @s que "lideran" os protestos son do " Partido Socialista Oscuro e Especulador" ????

http://2.bp.blogspot.com/_7FIYwTb_J6c/SANOukR6thI/AAAAAAAAA6Q/B6sHp11M8-A/s1600-h/DSC00412.JPG