O presidente do Cabildo de Gran Canaria e os tres alcaldes dos concellos da Mancomunidad del Sureste (Ingenio, Agüimes e San Bartolomé de Tirajana) reuníronse hoxe martes para coordinar accións conxuntas fronte á futura aprobación da Ley de Medidas Urgentes, que segundo entenden pretende forzar a instalación dunha planta regasificadora en Arinaga.
Antonio Morales, alcalde de Agüimes e presidente da Mancomunidad del Sureste, afirmou tras o encontro que "con esta medida consúmase un pelotazo deseñado estratexicamente polo Goberno canario e un grupo selecto empresarios de Gran Canaria e Tenerife", polo que non se descarta "ningún tipo de medida" para denunciar esta situación.
Morales manifestou que esta presunta "agresión directa" contra Gran Canaria "ningunea" ás institucións da illa. "Temos claro que a planta non se pode construír en Arinaga", asegurou, debido aos "riscos" que ao seu xuízo leva para a poboación e o medio ambiente.
Sem comentários:
Enviar um comentário