3/01/2009

Unha nova ameaza á planta de gas

Terremoto 2,6 Epicentro: MUGARDOS

O pasado xoves 27, ás 19 horas producíuse, na comarca de Ferrol, un tremor sísmico de intensidade 2,6 na escala Richter, orixinado a 16 quilómetros de profundidade baixo as augas e cuxo epicentro sitúase na mesma boca de Ría.
A páxina web do Instituro Xeográfico Nacional ubica o epicentro en MUGARDOS, e sinala que malia a súa curta duración foi detectado con intensidade en diversos lugares dos concellos de Ferrol, Mugardos, Narón, Valdoviño, Cedeira, Arteixo, Oleiros e a propia cidade da Coruña.
Desde o Comité Cidadán de Emerxencia ven con enorme preocupación este tema, xa que cunha Planta de Gas ubicada temerariamente no interior da nosa Ría, ao carón das nosas casas, de producirse un seismo de gran intensidade, cun epicentro próximo, os efectos devastadores sobre a poboación e sobre a comarca veríanse tremendamente multiplicados.
Un motivo máis para engadir á longa lista de ameazas desta Planta de Gas, e que reafirma a irresponsabilidade de cantos decidiron a súa ubicación e de cantos contribúen a mantela ao borde da nosa Ría.Un motivo máis para seguir proclamando:
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA !!

Terremoto 2,6 Epicentro: MUGARDOS

Tremor de terra em Mugardos pom em evidência riscos da regasificadora de Reganosa

Galiza Non S€ V€nd€

Sem comentários: