8/13/2009

Contacto co urbanismo mugardés para ordenar o litoral

Ribeira do Seixo

O borrador do novo plan co que o goberno de Feijóo prevé adaptar a tan traída e levada ordenación do litoral galego darase a coñecer o día 15 do próximo mes de decembro. E para que tales plans poidan cumprirse, a administración autonómica, co director xeral de Sustentabilidade e Paisaxe, Manuel Borobio, á cabeza, percorre os municipios costeiros para tomar contacto coa realidade máis inmediata, no que a urbanismo e servizos refírese.
Nesta planificación, onte tocoulle a quenda ao municipio de Mugardos. O alcalde en funcións, Xosé Antón Bouza, e representantes dos grupos políticos do PP e PSOE, acompañaron ao responsable da Xunta no seu itinerario por algúns dos enclaves costeiros máis emblemáticos do territorio mugardés. O castelo da Palma, a zona do Baño e O Seixo foron algúns deles.
Durante o encontro tamén se abordou o proceso de revisión no que actualmente se traballa para dotar ao municipio dun novo plan de ordenación municipal, unha cuestión que adquire unha especial relevancia á vista da ordenación da costa.O plan actual está en vigor desde 1999.

Sem comentários: