LNG "Sestao Knutsen" virando para atracar por babor 24/7/2009
Antes de que suceda unha catástrofre
Está previsto que o domingo, 16 de agosto entre de novo o buque gaseiro "LNG Sestao Knutsen" cargado con miles de toneladas de GNL, dentro da Ría de Ferrol.
Ante isto O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca unha CONCENTRACIÓN o domingo,16 de agosto de 2009, ás 20:00h fronte á Praza Amada García (Edificio da Xunta de Galicia), en Ferrol, para amosar a súa desconformidade coa entrada na Ría de buques cun cargamento tan perigoso como é o GNL, e para denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa Reganosa, esixindo o seu desmantelamento xa!
Con este serán 50 os buques gaseiros cargados con GNL que van a entrar na Ría de Ferrol.
Antes de que suceda unha catástrofre
15/08/2009
Persoal dunha regasificadora de Chile fórmase en Mugardos
Seis técnicos pertencentes a unha regasificadora en construción en Chile chegaron estes días á planta de gas de Mugardos para recibir formación en operacións de terminais de GNL. A súa chegada fíxose coincidir coa atracada do próximo gaseiro en Punta Promontorio, previsto para este domingo, co fin de que poidan aprender cada un dos procesos.
Trátase, segundo infórmase desde Reganosa, do primeiro dos dous grupos de traballadores que pasarán polas instalacións de Mugardos. Pertencen á regasificadora de Mexillóns, localidade situada na rexión chilena de Antofagasta, a uns 1.800 quilómetros ao norte da capital.
Sem comentários:
Enviar um comentário