8/20/2009

Leiras expropiadas con dono descoñecido

O Ministerio de Política Territorial expropiará unha leira no municipio das Pontes para instalar o gasoduto Mugardos-As Pontes-Guitiriz que promove Reganosa.

A Administración central publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución do xurado provincial de expropiación e o nome do titular dos terreos, que poderá consultar o expediente de justiprecio e a resolución no taboleiro de anuncios do Concello.

O obxectivo da obra é conectar a planta de Reganosa, en Mugardos, coas centrais de ciclo combinado de Meirama e das Pontes. Os traballos obrigarán a expropiar tamén terreos en Culleredo, Carral e Abegondo. Son, en total, sete propietarios cuxos nomes foron publicados na resolución do BOP ao non ser posible localizarlles, xa sexa pola súa ausencia ou porque se descoñece a súa residencia. En todos os casos, os afectados poderán consultar os expedientes nos seus respectivos concellos.

Sem comentários: