8/15/2009

Maratón de chave en Mugardos



O clube de Chave O Baño de Mugardos organiza un maratón e un festival musical. O campionato celebráse esta fin de semana. A cita será no lugar do Baño da vila pulpeira.

No maratón participarán equipos de chave de toda a comarca e conta coa colaboración da Liga Comarcal de Chave, de Casa Tilocha e a concellaría de Cultura e Deportes do concello de Mugardos.
O festival musical contará con diversas actuacións musicais. Hoxe tócalle o turno a Rey Mugre, Fure e The Torne´s.
Na derradeira xornada de mañá domingo, Os Boinantes e Satán & Coplan pecharán os concertos. A asistencia será libre e de balde.

Os cracks da chave
Radiofusión

Sem comentários: