11/03/2009

Ciclo de Documentais en Bueu

Reganosa, a represión franquista e o narcotráfico serán os temas abordados.
A actriz Mabel Rivera participará na proxección que abre o Ciclo de Documentais organizado pola asociación Mozas e Mozos de Beluso no Centro Social do Mar de Bueu (Pontevedra) para os venres de novembro, con entrada de balde. A gañadora dun Goya produce a través de Namche Films a cinta "O salario do silencio" (2007), que aborda a problemática da planta regasificadora construída por Reganosa dentro da Ría de Ferrol. Tras o visionado, que terá lugar o vindeiro día 6 ás 21 horas, o público terá a oportunidade de entablar unha charla-coloquio co director do filme, Enrique Banet, coa propia Mabel Rivera e mais cun membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
O Ciclo de Documentais, que presta especial atención ás producións galegas, continúa o venres día 13 co pase de ‘A cidade perdida’, a partir das 22 horas.

Sem comentários: